Monday 29 de April de 2024

O Concello de Malpica comezará mañá a primeira hora co reparto de mascarillas á veciñanzado municipio


O equipo coordinador da COVID-19 está integrado polo alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e Patrimonio, Leticia Varela; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alfredo Cañizo, Protección Civil e Policía Local.

O Concello de Malpica comezará mañá a primeira hora co
reparto de mascarillas a toda a veciñanza do municipio. O equipo coordinador da
COVID-19 está integrado polo alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e
Patrimonio, Leticia Varela, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alfredo Cañizo.
O alcalde, Walter Pardo, quere agradecer a “total disposición dos integrantes do
goberno. Esta batalla non entende de colores e temos que ir nunha única dirección”, di
o edil.
O material, mercado polo consistorio malpicán, é TNT, o recomendado polas
autoridades sanitarias. Foi confeccionado por costureiras de Malpica, ás que desde o
Concello “lles agradeceremos eternamente o seu compromiso”, sinalan desde o
Consitorio.
Desde a comisión de coordinación da COVID-19 destacan que “esto é unha labor que
nos implica a todas e todos, xa que esta batalla só a podemos gañar xuntas e xuntos.
Sempre nos atopamos moi boa disposición tanto por parte da veciñanza como das
persoas voluntarias, e iso é fundamental”, destacan.
O alcalde, Walter Pardo, sinala que “estamos nunha situación complicada, que require
un esforzo extra por parte de moitos colectivos pero ímolo lograr, estamos nesa
dirección e así será; estou convencido”, di o rexedor.